banner

Rama de Coñecemento Prazas ECTS anuais ECTS totais
Ciencias sociais e xurídicas 50 60 240

Descrición


O obxectivo fundamental deste grao é formar profesionais de perfil xurídico, cun coñecemento global de todas as áreas relacionadas co dereito. O Grao en Dereito proporciona a estrutura xeral e os conceptos fundamentais das diversas disciplinas xurídicas.


Áreas


  • Asesoría: asesoramento na redacción e execución de leis, regulamentos…; asesoramento xurídico, laboral, comercial, fiscal e administrativo a persoas e a empresas.
  • Avogacía: exercicio da profesión de avogado/a en todas as súas especialidades (civil, mercantil, laboral, penal, administrativo, fiscal e internacional).
  • Rexistrador/a da propiedade inmobiliaria. O rexistro da propiedade é a institución que ten por obxecto o rexistro da constitución, transmisión, modificación e extinción dos dereitos reais sobre bens inmobles, así como as resolucións xudiciais relativas á capacidade das persoas e aos contratos de arrendamentos e opción (dereito inmobiliario).
  • Notaría.
  • Consultoría-auditoría: auditoría de calidade, laboral, redacción de documentos xurídicos.
  • Procurador/a: a súa función é representar a súa clientela ante os xulgados e tribunais. Serve de conexión xurídico-formal entre os tribunais e a cidadanía incursos en causas xudiciais, abreviando tecnicamente os trámites dos actos de comunicación procesual (requerimientos, notificacións, emprazamentos, citacións). O procurador/a examina e realiza o seguimento dos escritos que presenta no xulgado e das notificacións que posteriormente lles envía aos avogados. Tamén realiza o traslado de escritos á parte contraria no preito e informa a clientela sobre o discorrer do proceso.
  • Axente de cambio e bolsa: persoa autorizada para asesorar ou realizar directamente investimentos ou transaccións de valores nos mercados financeiros.

Saídas Profesionais


  • Despachos de avogacía
  • Procuradorías
  • Consultorías
  • Ministerio Fiscal
  • Xulgados
  • Rexistros
  • Asesorías
  • Empresas Privadas

Mencións


  • Dereito da Unión Europea
  • Dereito Xudicial