banner

Rama de Coñecemento Prazas ECTS anuais ECTS totais
Ciencias da Saúde 50 60 240

Descrición


O desenvolvemento da profesión de enfermaría contribúe a promover, protexer e mellorar a saúde, a seguridade e o benestar da poboación, prever as enfermidades e as súas consecuencias así como favorecer a sostibilidade do sistema sanitario. Con estes obxectivos nace o novo Grao en Enfermaría impartido nos tres campus da Universidade de Vigo.


Áreas


  • Asistencia sanitaria: mantemento, promoción e restablecemento de saúde, prevención das enfermidades e accidentes, asistencia, rehabilitación, centros de atención primaria, centros psiquiátricos, coidado e atención ao/á docente, campañas de vacinación, dietética terapéutica, persoal técnico en distintas especialidades (obstetricia, pediatría, xeriatría, psiquiatría…).
  • Enfermaría extrahospitalaria: centros sociosanitarios, colexios, centros xeriátricos, centros de día, centros de apoio en procesos críticos, balnearios, gardarías, cooperación ao desenvolvemento.
  • Mediciña deportiva: centros deportivos, clubs deportivos
  • Xestión/administración: xestión de recursos sanitarios, xestión de servizos sanitarios
  • Saúde laboral: enfermaría da empresa, mutuas…

Saídas Profesionais


  • Hospitais, tanto da rede pública como privada
  • Centros de saúde
  • Mutuas de accidentes
  • Servizos de prevención de accidentes en empresas
  • Asistencia a domicilio
  • ONG
  • Asociacións varias
  • Fundacións sanitarias