banner

Rama de Coñecemento Prazas ECTS anuais ECTS totais
Enxeñaría e arquitectura 50 60 240

Descrición


O Grao en Enxeñaría Aeroespacial forma futuros enxeñeiros e enxeñeiras técnicos aeronáuticos (profesión regulada) que se ocupan do deseño, construción, mantemento e mellora de aeronaves e de vehículos espaciais, así como de todo o equipamento, subsistemas e infraestruturas que requiren estas.


Áreas


  • Deseño, fabricación, desenvolvemento, mantemento e mellora de aeronaves ou vehículos espaciais, sistemas de propulsión aeroespacial, infraestruturas aeroportuarias, aeronavegación e calquera sistema de transporte aéreo ou xestión do tráfico aéreo.
  • Verificación e certificación aeronáutica: redacción e dirección de proxectos de peritaxe, certificados de navegabilidade, inspeccións de material aeroespacial, ditames e asesoramento técnico en áreas relativas á súa especialidade, control de calidade, ensaios técnico-experimentais…
  • Medio ambiente: análise e avaliación do impacto ambiental e social dos deseños técnicos.

Saídas Profesionais


  • Industrias do sector aeronáutico
  • Empresas aeroespaciais
  • Sector militar aéreo
  • Aeroportos: desenvolvemento, mantemento e control de infraestruturas
  • Compañías de transporte aéreo: mantemento e asesoría técnica
  • Asesoría e consultorio sobre materias de enxeñaría e tecnoloxía aeroespacial
  • Docencia en centros públicos e privados
  • Investigación e transferencia de tecnoloxía: centros públicos e privados ou departamentos de innovación e desenvolvemento de empresas

Máis Información


O título habilita para o exercicio da profesión regulada de enxeñeiro/a técnico aeronáutico en cada un dos ámbitos indicados nas súas mencións implantadas en Ourense:

  • Aeronaves
  • Equipos e materiais aeroespaciais