banner

Rama de Coñecemento Prazas ECTS anuais ECTS totais
Enxeñaría e arquitectura 45 60 240

Descrición


O Grao en Enxeñaría Agraria forma profesionais con amplos coñecementos científicos e tecnolóxicos e capacítaos para desenvolver actividades no sector agrario e alimentario. Os estudos recibidos facultan para proxectar, executar e dirixir instalacións e explotacións comprendidas nas ramas agrícola e da industria de transformación de produtos.


Áreas


  • Industrias agrarias: planificación e desenvolvemento de industrias agrarias, xestión de cooperativas, dirección e xerencia de industrias agropecuarias, incremento da eficacia e produtividade das propiedades agrícolas, transformación dos produtos obtidos da natureza noutros de máis valor a través de industrias agrícolas… .
  • Industrias alimentarias: procesos de elaboración de produtos alimentarios, proxección e dirección de obras do sector alimentario, planificación e desenvolvemento de industrias alimentarias, comercialización e mercadotecnia de produtos alimentarios.
  • Consultoría, xestoría: estudios de viabilidade e investimentos agrarios, asesoría técnica, análises de viabilidade económica, asesoramento e xestión de subvencións, valoracións e peritaxes, realización de estudos e informes.
  • Calidade: control de calidade, control de produción e desenvolvemento de novos produtos, control de procesos, análise e control de materias primas e produtos alimentarios, mellora de produtos agrarios e de gandaría.
  • Outros: xestión de recursos hídricos e outros recursos naturais, tecnoloxía e xestión ambiental.

Saídas Profesionais


  • Industrias agrarias
  • Industrias alimentarias
  • Industrias conserveiras
  • Industrias vinícolas
  • Proxectos e peritaxes

Mencións


  • Industrias agrarias e alimentarias
  • Hortofruticultura e xardinaría