banner

Rama de Coñecemento Prazas ECTS anuais ECTS totais
Ciencias sociais e xurídicas 75 60 240

Descrición


O Grao en Traballo Social capacitará o alumnado para o exercicio profesional como traballador e traballadora social. Intervirá en situacións de conflito nos diferentes ámbitos sociais dos individuos, participará na formulación e planificación de políticas, servizos e iniciativas sociais e na prevención de problemas e conflitos entre persoas e/ou colectivos.


Áreas


  • Asistencial: atención a demandas de individuos ou grupos relacionadas con necesidades sociais; orientación, información e asesoramento sobre dereitos sociais e recursos da sociedade; organización e xestión de servizos sociais; servizos de apoio e asesoramento a poboación xeral e colectivos específicos.
  • Prevención, promoción de situacións de inxustiza social que impidan a aparición de problemas e carencias sociais, e que promovan os dereitos humanos.
  • Incorporación social: en calquera poboación que se encontre nunha situación de vulnerabilidade ou exclusión social.
  • Supervisión: de equipos e servizos.
  • Docencia e investigación social: en relación con problemas sociais obxecto de intervención; análise e intervención no ámbito social (natureza, dimensión e prioridades, problemas e carencias, fortalezas etc.); investigación e análise dos factores condicionantes do benestar social.
  • Mediación: mediación familiar, social, comunitaria.
  • Xestión e dirección: de servizos e programas sociais e recursos humanos.
  • Planificación e avaliación: de programas e servizos.
  • Coordinación: con outros profesionais, administracións e recursos.

Saídas Profesionais


  • Servizos nas administracións
  • Departamentos de recursos humanos
  • Centros públicos ou privados da terceira idade
  • Servizos educativos
  • ONG
  • Xestión de empresas de servizos sociais
  • Consultorio
  • Asesorías