banner

Rama de Coñecemento Prazas ECTS anuais ECTS totais
Ciencias sociais e xurídicas 60 60 240

Descrición


O obxectivo fundamental do Grao en Turismo é formar profesionais especializados na xestión empresarial e no aproveitamento turístico de recursos naturais e culturais. Así, preparará o estudantado nos coñecementos globais de todas as áreas relacionadas co turismo para adaptarse a roles e entidades relacionadas como a dirección de hoteis, axencias de viaxes e institucións públicas do sector, entre outros.


Áreas


  • Xestión e dirección: xestión de empresas turísticas; xestión e dirección de entidades públicas de carácter turístico; axencias de viaxes e operadores turísticos; xestión e dirección de parques temáticos, naturais e turismo de aventura; organización e prestación de servizos para congresos e convencións.
  • Promoción: deseño, comercialización e distribución de produtos turísticos, promoción de vendas destes produtos, relacións exteriores en empresas turísticas.
  • Desenvolvemento turístico: deseño e desenvolvemento de plans de desenvolvemento turístico, participación en plans de ordenación e políticas turísticas.
  • Dinamización turística: información e fomento turístico, monitor/a de actividades, técnico/a en áreas relacionadas co ocio e o tempo libre, guía de turismo, intérpretes do patrimonio.
  • Consultoría e asesoría: sobre creación de infraestruturas no sector turístico, asesoría a empresas e a entidades con competencia en materias turísticas.

Saídas Profesionais


  • Establecementos hoteleiros
  • Balnearios
  • Parques temáticos
  • Parques naturais
  • Turismo especializado
  • Turismo temático
  • Axencias de viaxes

Máis Información


O graduado/a en Turismo pode formar parte de cadros directivos das diferentes empresas e entidades turísticas existentes (públicas ou privadas). O turismo é un sector extremadamente diversificado: empresas de aloxamento e restauración, axencias de intermediación turística, institucións de planificación e promoción turística, empresas de transporte e loxística, axencias de viaxes, empresas de servizos de ocio e lecer.