banner

Rama de Coñecemento Prazas ECTS totais ECTS TFM
Arte e humanidades 7 60 9
Universidades participantes Modalidade Código RUCT
USC e UVIGO Presencial 4315056

Coordinación

Beatriz Comendador Rey | +34 988 387 268 | beacomendador@uvigo.es

Descrición


O mestrado universitario en arqueoloxía e ciencias da antigüidade ten unha dobre orientación: profesionalizante e investigadora. Na súa primeira vertente, aspira a formar arqueólogos/as que poidan desenvolver o seu labor profesional neste campo nos vindeiros anos; na segunda, dá paso ao programa de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela «Historia, xeografía e arte» ou ben ao programa «Protección do patrimonio cultural» da Universidade de Vigo.

O mestrado é un título interuniversitario (Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) e conta ademais coa participación do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC.


Perfil de ingreso recomendado


Titulacións da área de humanidades e de ciencias sociais.


Saídas Profesionais


O mestrado orienta cara ao exercicio de calquera tipo de actividade arqueolóxica (traballo de campo e laboratorio, divulgación, museos, administracións). Convén lembrar que a arqueoloxía é, nestes momentos, a única práctica profesional da área de humanidades especificamente regulada por unha normativa legal.