banner

Rama de Coñecemento Prazas ECTS totais ECTS TFM
Xurídico-social 25 60 14
Universidades participantes Modalidade Código RUCT
Universidade de Vigo Semipresencial 4310384

Coordinación

Nuria Rodríguez López | +34 988 368 889 | mastercidie@uvigo.es

Descrición


Este Máster formar persoal co coñecemento da realidade que habitan e a capacidade de liderado e a cultura innovadora indispensábeis para xerir e participar en proxectos empresariais que acrecenten de forma verdadeiramente tanxíbel a capacidade innovadora da estrutura económica na que se insiren. Neste sentido, procúrase achegar unha visión global e estratéxica das empresas e das características das contornas en que estas desenvolven a súa actividade, xa que unicamente desde unha perspectiva integral se poderá facer fronte aos requirimentos e desafíos dun ambiente económico en continuo cambio e de carácter complexo.


Perfil de ingreso recomendado


O perfil de alumno/a idóneo para realizar este mestrado é o dunha persoa capaz de traballar en equipo e de utilizar as tecnoloxías da información, con habilidades comunicativas, coñecedora dos conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, disposta a identificar e desenvolver iniciativas empresariais, a xestionar e a administrar unha empresa ou institución pública ou privada, e capaz de integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización.


Saídas Profesionais


Desenvolvemento de actividades de xestión da innovación en empresas, clúster, plataformas tecnolóxicas, centros de innovación e tecnolóxicos ou agrupacións empresariais; Participación en procesos de desenvolvemento de produtos ou servizos novos; Desenvolvemento en programas de dinamización da innovación en organizacións privadas ou administracións públicas; Tarefas de xestión en departamentos de I+D; Prestación de servizos de I+D+i; Posta en funcionamento e xestión de actividades de prestación de servizos tecnolóxicos; Implantación de sistemas de xestión da calidade; Integración de sistemas de xestión da calidade, xestión medioambiental, de prevención de riscos laborais e de responsabilidade social corporativa; Avaliación e autoavaliación da calidade.