banner

Rama de Coñecemento Prazas ECTS totais ECTS TFM
Xurídico-social 25 60 6
Universidades participantes Modalidade Código RUCT
Universidade de Vigo Presencial 4312994

Coordinación

Patricio Sánchez Fernández | +34 988 368 720 | patricio@uvigo.es

Descrición


O movemento económico relacionado có deporte ten crecido considerablemente nos últimos anos. Este crecemento despertou o interese científico pola súa análise e interpretación e o profesional na aplicación de medidas de xestión que consideren as características da economía do deporte. A Universidade de Vigo, consciente das necesidades que demanda este sector, oferta este Máster, unha titulación oficial de postgrado con carácter profesionalizante, único na comunidade galega e un dos poucos existentes a nivel nacional.


Perfil de ingreso recomendado


A nivel académico o Máster supón unha formación inédita non só en Galicia senón en todo o Noreste Peninsular. Esto supón a oportunidade de ofertar uns estudos que complementan aos de Administración de Empresas e Economía concentrándose nun sector particular de actividade. Así virán a cubrir unha potencial demanda para este tipo de graduados.


Saídas Profesionais


  • Ámbito privado: Instalacións deportivas, Empresas de servizos deportivos, Clubes deportivos, sociedades anónimas deportivas (SAD), entidades deportivas sen ánimo de lucro, federacións e asociacións profesionais deportivas.
  • Ámbito público: Servizos de deportes de concellos, deputacións, Comunidades Autónomas, áreas metropolitanas,...
  • Emprendemento: Empresas de servizos deportivos.