banner

Rama de Coñecemento Prazas ECTS totais ECTS TFM
Arquitectura e Enxeñería 25 90 9
Universidades participantes Modalidade Código RUCT
Universidade de Vigo Presencial 4313179

Coordinación

Alma María Gómez Rodríguez | +34 647 343 110 | coordinador.mei.esei@uvigo.es

Descrición


O Máster Universitario en Enxeñaría Informática pola Universidade de Vigo ten como obxectivo primordial a preparación de profesionais altamente cualificados, capaces de planificar, deseñar, dirixir, coordinar e xestionar proxectos, produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da Enxeñaría Informática.

Ten tres orientacións ou intensificacións cun elevado nivel de empleabilidade na contorna socioeconómica galega e española: Dirección de Informática, Deseño e Administración de Sistemas e Redes, Desenvolvemento de Grandes Sistemas Software.


Perfil de ingreso recomendado


Aínda que se permite a formación de diversos colectivos, existen dous prefiles de ingreso fundamentais:

  • Persoas que se atopen en disposición do título de Grao en Enxeñería informática e que desexen continuar os estudios para obter unha titulación de segundo ciclo.
  • Alumnos que se atopen en disposición de distintos títulos LRU relacionados coa informática (Enxeñeiro Técnico en Informática, Diplomando en Informática, Enxeñeiro en Informática ou Licenciado en Informática) e que desean transformar o seu título para adaptar o seu currículo á nova estrutura de formación definida polo EEES.

Saídas Profesionais


O Máster Universitario en Enxeñería Informática permite a especialización de profesionais nas súas tres orientacións: Dirección de Informática, Deseño e Administración de Sistemas e Redes, Desenvolvemento de Grandes Sistemas Software.