banner

Rama de Coñecemento Prazas ECTS totais ECTS TFM
Xurídico-social 30 60 12
Universidades participantes Modalidade Código RUCT
Universidade de Vigo Presencial 4310397

Coordinación

Mª del Pino Díaz Pereira | +34 988 387 187 | pinod@uvigo.es

Descrición


Convivir coa diversidade, e sobre todo aprender de e con ela, é un requisito necesario para o desenvolvemento harmónico das sociedades actuais. Este Master xurde da constatación de que nos ámbitos educativos esta presente esa diversidade.

Nin as institucións, nin os profesionais que nelas exercen, poden ignorar tal situación e as necesidades específicas que xurden dela, debendo atender ós novas esixencias reclamadas dende unha realidade moi complexa que requiere ao tempo igualdade de oportunidades, compensación das desigualdades e dereito e diferenza.


Perfil de ingreso recomendado


O perfil idóneo de ingreso para os estudantes do máster é o de persoas que posúan intereses transversais especialmente vinculadas coas relacións interpersoais: interesarse polo desenvolvemento humano e comunitario,saber traballar en grupo, en equipos multidisciplinares, e en contextos de diversidade, posuír capacidade crítica, autocrítica e compromiso ético, interesarse pola formación democrática e solidaria e a resolución de conflitos. Ao mesmo tempo, e dado o carácter de intervención do máster, os estudantes deberán ser capaces de asumir situacións de risco, ser creativos, e ser capaces de deseñar e avaliar programas de intervención educativa.


Saídas Profesionais


Centros escolares de infantil, primaria e secundaria; Equipos e servizos especializados de orientación educativa e psicopedagóxica, departamentos de orientación, equipos de orientación provinciais; Área educativa de concellos, deputacións; Centros de Formación e Recursos; Centros públicos e privados de I+D+I.