banner

Rama de Coñecemento Prazas ECTS totais ECTS TFM
Científica 24 60 15
Universidades participantes Modalidade Código RUCT
Universidade de Vigo Semipresencial 4311048

Coordinación

Lucas C. González Matías | +34 986 130 138 | nutricion@uvigo.es

Descrición


A nutrición e todos os aspectos relacionados que inclúen a patoloxía por alteracións metabólicas máis frecuentes, é unha das áreas da biomediciña que experimentou un maior avance nos últimos anos, e unha das que presenta un lugar de traballo máis atractivo, tanto dende o punto de vista da investigación coma da clínica. Os continuos avances tecnolóxicos e a elevada prevalencia de determinadas enfermidades endocrino-metabólicas (como a diabetes, a obesidade, enfermedades cardiovasculares, hipertensión, etc.) determinan a necesidade de contar con profesionais cada vez mellor formados no seu ámbito para poder dar unha axeitada resposta aos problemas socio-sanitarios que se presentan, pero tamén cunha sólida formación académica que lles permita adaptarse aos continuos avances científicos e tecnolóxicos.


Perfil de ingreso recomendado


Este Máster está dirixido a aqueles alumnos ou profesionais con coñecementos adquiridos en titulacións fundamentalmente de ciencias da saúde e ciencias experimentais, que queren especializarse e profundizar tanto a nivel académico coma profesional no ámbito da nutrición.


Saídas Profesionais


O Máster Universitario en Nutrición permite a especialización dun amplo colectivo de profesionais que desenvolven o seu traballo dentro do ámbito da nutrición, xa sexa no sector privado coma no público: Asesoría nutricional a: deportistas, centros educativos, empresas de restauración, centros da terceira idade,...