banner

Rama de Coñecemento Prazas ECTS totais ECTS TFM
Xurídico-social 40 60 6
Universidades participantes Modalidade Código RUCT
Universidade de Vigo Presen. / Semip. 4313117

Coordinación

José Antonio Fraiz Brea | +34 988 368 738 | info@masterturismoourense.es

Descrición


Nunha sociedade do coñecemento, o triángulo da intelixencia turística compóñeno ao unísono a formación, a investigación e a innovación. O Master Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e da Saúde oferta a formación e prepara para a investigación e a innovación.

A calidade do programa e do profesorado (académicos, investigadores, e profesionais do sector turístico), o nivel de especialización e a capacidade que ofrece para realizar prácticas en empresas; unido a unha metodoloxía de ensino que prima o traballo en equipo, e a posibilidade de aprender mediante a análise e a resolución dos casos reais, e as experiencias e coñecementos que transmiten os docentes fan que este Master se adecue ao mercado laboral, e por conseguinte brinde posibilidades reais en términos laborais.


Perfil de ingreso recomendado


O perfil para poder matricularse no mestrado é ser titulado/a universitario: diplomatura, grao, licenciatura ou enxeñaría. Terá preferencia quen teña unha titulación vinculada co turismo, xa que o 80 % das prazas resérvanse para alumnado da citada titulación. Valorarase positivamente o expediente académico do título de acceso, coñecemento de idiomas, estancias no estranxeiro, cursos e méritos vinculados co mestrado e experiencia profesional en turismo. Resérvanse cinco prazas para alumnado estranxeiro.


Saídas Profesionais


Dirección de empresas e actividades turísticas (especialidade en turismo interior e de saúde); Planificación e xestión de destinos turísticos en institucións públicas e privadas; Planificación e xestión de proxectos de aproveitamento de recursos turísticos; Formación e asesoramento no campo turístico; Emprendemento de actividades turísticas; Investigación de mercados turísticos.