servizos

Descrición


O Centro de Linguas nace no ano 2004 para promover e desenvolver actividades de formación en linguas modernas, atendendo ás necesidades lingüísticas da comunidade universitaria e da súa contorna máis próxima.

Tras estes 10 anos de experiencia, o CdL é hoxe un referente na ensinanza de linguas e na acreditación de nivel de idioma, ao estar certificado polas entidades de acreditación máis recoñecidas (Instituto Cervantes, ACLES, TOEFL, etc).

Contacto


Facultade de Filoloxía e Tradución
Campus de Vigo
+34 986 812 250
centrodelinguas@uvigo.es

Servizos


  • Cursos de idiomas. Impartimos cursos cuadrimestrais e intensivos dos seguientes idiomas: inglés, alemán, español para estranxeiros, francés, italiano, portugués, chino, xaponés, lingua de signos española, persa, árabe e ruso. O Centro de Linguas imparte todos os niveis do Marco Común Europeo de Referencia (A1, A2, B1, B2, C1 e C2).
  • Cursos específicos de preparación de exames oficiais (DELE, Cambridge, TOEFL). Preparamos ao alumnado para a realización dos distintos niveis dos exames oficiais.
  • Centro formador de formadores: Curso de metodoloxía da ensinanza do español como lingua estranxeira, homologado polo Instituto Cervantes.
  • Centro acreditador de ACLES. Realización de exames de acreditación de nivel de idiomas CertAcles:
    • Inglés: niveis B1, B2 e C1
    • Alemán: nivel B1
    • Francés: nivel B1
  • Centro examinador de DELE (Diploma de Español como lingua estranxeira) do Instituto Cervantes (Niveis A1, A2, B1, B2 e C1) e centro examinador de TOEFL e IELTS.
  • Centro formador e acreditador para a docencia en inglés. O CdL ofrece cursos específicos para impartir docencia en inglés e, baixo a dirección académica da Universidade de Vigo, realiza o exame de acreditación HELA (Higher Education Lecturing Accreditation).
  • Formación a medida. No CdL elaboramos plans académicos específicos e adaptados ás necesidades dos nosos usuarios, empresas e entidades que requiren formación especializada ou fixan obxectivos adaptados á súa organización. Podes coñecer traballos desenvoltos nesta liña no apartado formación a medida.

Visitar web do Centro de Linguas