Escola Infantil

A escola infantil “Concepción Saiz Otero” instalada no Campus de Ourense, é un servizo da Universidade de Vigo dirixido fundamentalmente aos fillos/as menores de 3 anos, dos membros da comunidade universitaria, considerándose como tales: o persoal docente e investigador (PDI), o persoal de investigación ou contratado/a con cargo a proxectos ou convenios (PI), o persoal de administración e servizos (PAS) e o alumnado universitario matriculado en estudos oficiais da Universidade de Vigo.

O obxectivo fundamental deste servizo é favorecer a conciliación da vida familiar, laboral e persoal. No caso de que a oferta do servizo non se cubra coa demanda dos membros da comunidade poden optar primeiro, outros familiares dos membros da comunidade universitaria: netos/as e sobriños/as de traballadores en activo ou xubilados/as da Universidade de Vigo e segundo, os/as fillos/as de persoas que residan ou traballen na cidade de Ourense. A finalidade fundamental deste servizo e o principal é o de Escola Infantil, e ofrécese xunto cos servizos complementarios que lle son propios. Consiste na estancia de nenos/as de 0 a 3 anos, durante o horario establecido, así como a atención educativa axeitada aos nenos/as desa idade, conforme á normativa aplicable. Os servizos complementarios da escola infantil son o de acollida e/ou permanencia e comedor e que son exclusivamente para os usuarios da escola infantil. Son de prestación obrigatoria polo adxudicatario e de uso opcional polas familias.

A escola infantil conta cunhas modernas instalacións necesarias para garantir a seguridade dos nenos/as e o desempeño dunha axeitada labor educativa dos máis pequenos.

En base a superficie e características das aulas e a normativa vixente, ten unha capacidade de ata 41 prazas, contando cas seguintes instalacións:

  • Tres aulas:
    • Unha aula para nenos/as ata 1 ano de idade con capacidade para 8 prazas, que dispón de zonas de descanso, de cambio e de preparación de alimentos claramente diferenciadas.
    • Unha aula de 1 a 2 anos, con zona de aseo diferenciada, e con capacidade ata 13 prazas.
    • Unha aula de 2 a 3 anos, con zona de aseo diferenciada, e con capacidade ata 20 prazas.
  • Unha sala de usos múltiples (desenvolvemos actividades de psicomotricidade, talleres, comedor, recepción de nenos/as etc.).
  • Zona de recepción, entrega e recollida de nenos.
  • Cociña.
  • Dous patios exteriores de xogo.
  • Despacho de dirección.
  • Baño e vestuario de persoal.

Contacto:

Bibiana González Sande | Campus as Lagoas | 988 613 063 | bibisande@gmail.com


Convocatorias de prazas na escola Infantil