servizos

Descrición


O Gabinete Psicopedagóxico persigue brindar unha asesoría multidisciplinar e integral nas áreas psicolóxica e psicopedagóxica có propósito de fortalecer a autonomía, a autoestima, o autoaprendizaxe e os valores fundamentais que propicien o equilibrio persoal e melloren a calidade de vida dos alumnos.

Os seus principais obxectivos son: Favorecer a iniciación, execución e proxección de programas psicolóxicos e psicopedagóxicos; brindar apoio psicolóxico e psicopedagóxico na solución de problemas persoais, sociais e académicos; construír un centro de traballo interdisciplinario dentro do propio servizo; xerar liñas de investigación no contexto social-comunitario da área de influenza do servizo; impulsar a extensión universitaria mediante o desenvolvemento de programas de apoio aos estudantes e xerar espazos para a realización da práctica pedagóxica na Facultade de Ciencias da Educación.

Contacto


Isabel Ferreiro González

Edificio de Facultades - Planta Soto
+34 988 368 913
gpourense@gmail.com


lúns a venres: de 9:00h a 14:00h
martes e xoves: de 15:00h a 18:00h

Asesoramento Académico:

  • Individual ou colectivo sobre calquera cuestión relacionada co seu proceso formativo.
  • Organización de cursos e talleres orientados a asesorar ó estudantado con problemas, entre os que estarán: técnicas de estudo, de atención e concentración, de autoestima, de motivación, de afrontamento do estres, etc, de carácter práctico e encamiñados a completar os programas docentes.
  • Valoración e adecuación dos métodos de estudo persoal.
  • Mellora de estratexias de aprendizaxe.
  • Ampliación de técnicas de traballo intelectual.
  • Atención ó estudantado con discapacidade.

Atención psicolóxica:

  • Atención ó alumnado con problemas psicolóxicos, de adaptación, familiares, anímicos, etc, que poidan interferir negativamente no seu rendemento académico.
  • Promoción, prevención e atención en materia psicolóxica.
  • Traballo, mediante entrevistas e seguimento, buscando a prevención de desaxustes, disfuncións e trastornos do comportamento e saúde mental.
  • Apoio emocional.
  • Adestramento en habilidades de autocontrol.
  • Detección de procesos psicolóxicos.

Servizo de fondo de documentación:

Respondendo á crecente demanda, ponse en marcha un servizo de recursos de apoio, ofrecendo a posibilidade de consultar un fondo de documentación formado por libros, revistas e material audiovisual empregado nas formacións ofertadas e relacionado con temas psicolóxicos e psicopedagóxicos con préstamos aberto á comunidade universitaria.


Estes son os diferentes tipos de Atención que prestamos dende o Gabinete Psicopedagóxico:

  • Atención didáctica: enfocada aos problemas que puideran afectar á aprendizaxe dos e das estudantes ocasionados por deficiencias en hábitos e técnicas de estudio, de lectura, expresión oral e escrita ou dificultades para a aprendizaxe de asignaturas específicas, etc.
  • Atención da situación escolar: referida a aspectos tales como deserción, baixo rendemento, cambio de carreira, dificultades de adaptación, etc.
  • Atención persoal: centrada especificamente en aspectos de carácter persoal que afectan ao desempeño académico, como problemas familiares, de parella, económicos, valores, etc.
  • Atención psicolóxica: proporcionando axuda a problemas existenciais, de conduta, adaptación, familiares, motivación, autoestima, dificultades no manexo de conflitos, manifestacións de medo e temores, confusión en torno á súa vocación, trastornos emocionais, ansiedade, etc.
  • Atención de tipo informativa: proporcionando información relativa a regulamentos, servizos universitarios, plans de estudios, trámites administrativos, elaboración de materiais de apoio, paso á vida activa, etc.
  • Atención grupal: referida á asesoría que se da no ámbito dos grupos referente a asuntos académicos ou procesos grupais, así como a organización de cursos ou obradoiros orientados a asesorar a estudantes.
  • Atención vocacional: aínda que se soe supoñer que o universitario e universitaria, unha vez elixida a súa titulación, ten claramente definidas as súas orientacións formativa e laboral, son moitos os casos nos que non están realmente consolidados, de modo que, nalgún momento da súa carreira prantéxanselle serias dubidas sobre se elixiu o camiño correcto ou equivocado para alcanzar a súa vocación.
  • Atención á discapacidade (Programa de Apoio á Integración do Alumnado con Necesidades Especiais – PIUNE): asesorando ó alumnado con discapacidade e ó equipo docente a través de formación específica e elaboración de protocolos de actuación.

Non se atenderan situacións ou trastornos que non estean directamente relacionados coa realización de estudos universitarios, sendo derivados a outros/as profesionais ou institucións.

Aínda que a atención basicamente se desenvolve de forma presencial, tamén se ofrece a posibilidade de atención a través de teléfono ou Skype.

A atención individualizada que se presta faise a través de consultas puntuais ou en sesións programadas.


Cursos e obradoiros 2016-2017


  • .


Presentación do Gabinete

Cursos e obradoiros ofertados para o curso 2016-2017