banner

A Oficina de Relacións Internacionais (ORI) cetraliza, coordina e xestiona as actividades de cooperación internacional.

Alumnado da Universidade de Vigo


O alumnado da Universidade de Vigo pode cursar parte das súas titulacións no estranxeiro a través de programas como o Erasmus, ISEP, así como beneficiarse das bolsas propias desta universidade, quen tamén pon a disposición do seu estudantado un tándem de conversa coa finalidade de fomentar a aprendizaxe de idiomas e as relacións interpersoais entre os participantes.

A Oficina de Relacións Internacionais é a encargada de coordinar, centralizar e xestionar as actividades internacionais que se desenvolven na institución, relacionadas con programas de intercambio de formación de estudantes.


Alumnado estranxeiro


O alumnado estranxeiro que desexe vir á Universidade de Vigo para realizar parte dos seus estudos, preparar un proxecto ou redactar unha tese, pode beneficiarse de diferentes programas especialmente deseñados para dar resposta ás súas necesidades.

Así, os programas Sócrates, ISEP, ou os convenios bilaterais, permitiranlles a estes estudantes matricularse na Universidade de Vigo sen pagar as taxas da institución, as cales si terá que aboar o alumnado que queira estudar nesta universidade en calidade de visitante estranxeiro.


Técnica da Oficina de Relacións Internacionais (ORI)

Edificio Facultades - Planta Soto | +34 988 387 398 | ori-ou@uvigo.es