Vicerreitoría do Campus de Ourense - Universidade De Vigo

Investigación

 
Avisos

Convocatoria axudas INOU 2012

Infórmase ao persoal investigador do campus de Ourense da publicación da Resolución Reitoral do 07 de maio de 2012, pola que se convocan axudas a grupos de investigación do campus de Ourense. O texto da convocatoria e formularios a poden atopar en http://vicou.uvigo.es/investigacion no apartado CONVOCATORIAS --> ABERTAS --> LOCAIS.

-------------------------------------------

Axudas para o fomento da investigación e innovación empresarial.

ORDE do 11 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (códigos de procedemento IN841A, IN841B e IN841C).

Nesta convocatoria as Universidades poden concorrer como subcontratadas, no procedemento IN841C.

Para a presentación da solicitude, por parte das empresas beneficiarias, é preciso a achega dun contrato ou carta de intencións que poden atopar no seguinte enderezo: http://www.uvigo.es/uvigo_gl/investigacion/convenios/modelos/

Deben ter en conta que, o custo da subcontratación  poderá incluír os conceptos que a continuación se indican:

  • · Persoal propio: O seu custo non poderá superar o 25% do custo total da subcontratación.
  • · Persoal  adicional técnico-científico: A contratación deberá realizarse durante o período de vixencia do proxecto e polo importe concedido para o concepto. Dita contratación será a tempo completo con persoal sen vinculación laboral actual ou nos dous últimos anos coa Universidade.No anexo VI da convocatoria, establécense os custos máximos por categoría profesional a aplicar.
  • · Material inventariable: adquisición de equipamentos e instrumental precisos para a realización do proxecto, na medida e durante o período que se dediquen ao proxecto (amortización do  equipamento e instrumental adquirido para o proxecto). Aconséllase non solicitar dotación para este concepto.
  • · Material funxible.
  • · Servizos tecnolóxicos externos.
  • · Viaxes relacionados coa coordinación do proxecto e realizados polo persoal asignado.

Máis información:

Marta Vila Garrido
Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento da UVigo
986 81 19 42
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

    • Consellería de Economía e Industria: http://economiaeindustria.xunta.es/dxidi (epígrafe de “Axudas”)
    • 981957387 e 981957392 (Anexo I) - 881999160 e 881999156 (Anexos II e III)
    • Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

-------------------------------------------

Trámites nos expedientes dos proxectos do Ministerio de Economía y Competividad e o antigo MICINN

Infórmase ao persoal investigador do Campus de Ourense, que a canle para realizar as accións de tramitación (emendar, alegacións, instancias xenéricas e documentación requirida) nos expedientes dos proxectos do Ministerio de Economía y Competividad e o antigo  Ministerio de Ciencia e Innovación, é a aplicación habilitada para tal fin no seguinte enderezo web: https://sede.micinn.gob.es/facilita/logOutAction.do

Sobre aquelas accións de tramitación que precisen da sinatura telemática por parte da representante legal da institución, antes de proceder a subir a documentación á aplicación do Ministerio, deberán informar previamente á Vicerreitoría do Campus de Ourense enviando un correo electrónico coa documentación a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , para o seu visto e prace previo por parte da representante legal.

-------------------------------------------

ALTA NA LISTA DE CORREO DESTINADA AO PERSOAL INVESTIGADOR DO CAMPUS DE OURENSE.

A lista de correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo xunto coa páxina web http://vicou.uvigo.es/investigacion son as canles empregadas pola Vicerreitoría do Campus de Ourense, a través do Negociado de apoio á Investigación, para notificar ao persoal investigador a información de interese relacionada co I+D+i.

O persoal investigador do Campus de Ourense interesado en tramitar a súa alta nesta lista de correo, deberá facelo a través da páxina web: https://listas.uvigo.es/ , seleccionar a lista ou_inv e realizar os trámites de subscrición que se indican.

 
Grupos de investigación

O Catálogo de Grupos de Investigación do Campus de Ourense, como medio trasmisor do potencial investigador deste Campus, recolle a información básica sobre a denominación, contacto, composición, servizos e liñas de investigación que desenvolven os grupos de investigación nos diferentes ámbitos do coñecemento.

Ámbito Científico
Ámbito Humanístico
Ámbito Tecnolóxico
Ámbito Xurídico-Social
Catálogo Xeral de Investigación
 
Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI)

O Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI), é un novo centro creado pola Universidade de Vigo en colaboración coa Xunta de Galicia no 2005. O CITI ten como misión potenciar o desenvolvemento do I+D+i nas empresas, mediante a creación de espazos de colaboración para favorecer e transferir coñecemento dende a Universidade ao tecido empresarial a través do desenvolvemento de proxectos conxuntos de I+D+i relacionados co ámbito agroalimentario, biotecnología, enerxía, medio ambiente e tecnoloxías da información.

A Universidade de Vigo, e en particular o Campus de Ourense, acolle unha masa crítica de grupos de investigación no ámbito de actuación do CITI altamente competitivos, de gran proxección, e cunha alta capacidade de captación de recursos externos, formados en Centros estatais e internacionais. Neste contexto o CITI nace como un centro de investigación co obxectivo de proporcionar as infraestructuras necesarias para manter e mellorar o nivel científico acadado, proporcionar valor engadido e vantaxes competitivas para a captación de recursos externos, e subministrar servizos centralizados a ésta e outras universidades e centros de investigación públicos ou privados relacionados co ámbito de actuación do CITI.

A estrutura do CITI e a súa ubicación no parque Tecnolóxico de Galicia (TECNOPOLE), facilita a transferencia das tecnoloxías desenvolvidas no Campus de Ourense. O edificio é un elemento nuclear para a realización das tarefas de investigación, innovación e transferencia do coñecemento do Campus Ourensano, onde a Universidade relaciónase coas empresas e desenvolve proxectos conxuntos a partir da transferencia do coñecemento adquirido, onde xorden ideas innovadoras sobre as que construír novas empresas. Xorde, pois, como un lugar:

    • Para crear coñecemento a partir da investigación
    • Para transferir coñecemento desde a Universidade ao tecido empresarial, a través do desenvolvemento de proxectos conxuntos
    • Fonte de ideas innovadoras a partir das cales construír novas empresas

Oficina de Proxectos

 Direccíón de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
 Teléfono de contacto 988 387 404
 Fax 988 387 401
 LocalizaciónCITI - Avda. Galicia 2 - Parque Tecnolóxico de Galicia (TECNÓPOLE) - San Cibrao das Viñas - 32900 - Ourense

 
Centro de Apoio Científico Tecnolóxico á Investigación (CACTI-OU)

CACTI Ourense

O Centro de Apoio Científico Tecnolóxico á Investigación (CACTI) ten como obxectivo prestar apoio instrumental, científico e tecnolóxico nas labores de investigación, desenvolvemento e innovación que se realicen na Universidade de Vigo, outros organismos públicos de investigación e empresas, proporcionando equipos e instalacións cuxa especificidade, alto nivel tecnolóxico ou custo, fan aconsellable a súa adquisición e mantemento de xeito centralizado, de modo que poidan ser utilizados por todo o persoal investigador da comunidade científica, racionalizando así o seu réxime de explotación.

O CACTI dispón de dúas sedes unha en Ourense e outra en Vigo.

Servizos CACTI OURENSE

Servizos CACTI VIGO

O servizo de Seguridade Alimentaria e Desenvolvemento Sostible conta en Ourense coas seguintes unidades:

    • Espectrometría atómica analítica (Absorción atómica)
    • Unidade de preparación de mostras (ASE - Extracción acelerada con disolventes, Dixestión con Microondas)
    • Análise elemental (Análise elemental)
    • Espectrometría de ICP-MS (ICP-MS)
    • Cromatografía (Espectroscopía de gases-masas, Espectroscopía de HPLC-masas-masas, Cromatografía GC-FID, Electrocromatografía capilar, Cromatografía iónica, HPLC-fluorescencia)

 

 Contacto (delegación CACTI Ourense)

Direccíón de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (Carmen Meijide)
Direccíón de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (Cristina Pérez)
Teléfono de contacto 988 387 414
Localización CACTI –Avda. Galicia 4, 2º piso, Parque Tecnolóxico de Galicia  TECNÓPOLE - San Cibrao das Viñas - 32900 – Ourense

 
Convocatorias Abertas

ico_eu

Internacionais

Convocatoria “Marie Curie Fellowships”, dentro do programa PEOPLE do 7 Programa Marco

Datos clave da convocatoria:

Tipoloxía: axudas (contratos + outros gastos) para mobilidade internacional ao abeiro dun proxecto de investigación

Requisitos dos Marie Curie: teñen que ser doutores ou acumular un mínimo de 4 anos de experiencia demostrable como investigadores, e cumprir a regra de mobilidade (non ter vivido ou traballado máis de 12 meses nos últimos 3 anos no seu país de destino)

Temática: libre, a propoñer polo solicitante

- Avaliación por paneis temáticos: Química, Ciencias Sociais e Humanidades, Ciencias Económicas, Ciencias da Información e Enxeñería, Medioambiente e Xeociencias, Ciencias da Vida, Matemáticas, Física.

Modalidades:

- IEF: mobilidade dende un país da Unión Europea cara outra país da Unión Europea. Duración: entre 12 e  24 mes. Presuposto: 120 millóns de euros

- IOF: mobilidade dende un país da UE cara un terceiro país fóra da UE (USA, Canadá, Xapón,…) e volta á UE. Duración: entre 24 e 36 meses (mínimo de 12 meses na fase de volta). Presuposto: 40 millóns de euros.

- IIF: mobilidade dende un terceiro país cara u país da UE. Duración: entre 12 e 24 meses. Presuposto: 40 millóns de euros

Data de peche: 16 de agosto de 2012

Máis información:

ico_spain

Nacionais

Convocatoria para proxectos de investigación na Rede de Parques Nacionais 2012

Resolución do 19 de abril de 2012, de Parques Nacionais, pola que se convoca a concesión de subvencións para a realización de proxectos de investigación científica na Rede de Parques Nacionais para o ano 2012.


Organismo convocante:
Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente

Publicación: BOE do mércores 25 de abril de 2012

Prazo de presentación: ata o 21 de maio de 2012 ás 15:00 horas

+info

Convocatoria das axudas FPU 2012

Resolución de 25 de abril de 2012, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan as axudas para bolsas e contratos de Formación de Profesorado Universitario do Programa Nacional de Formación de Recursos Humanos de Investigación do exercicio 2012, no marco do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011.


Organismo convocante:
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Publicación: BOE do xoves 10 de maio 2012

Prazo de presentación: desde o 10 de maio de 2012 ata o 1 de xuño de 2012

Formalización das solicitudes: a través da sede electrónica do Ministerio

+info



Axudas do Programa de Cultura Científica e da Innovación 2012 (FECYT)

Anuncio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) polo que se publica a Convocatoria de Axudas para o Programa de Cultura Científica e da Innovación 2012.


Organismo convocante:
Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT)

Publicación: BOE do mércores 4 de abril de 2012

Prazo de presentación: desde o 10 de abril de 2012 ata o 17 de maio de 2012

+info

Proxectos Investigación Fundamental Orientada (Tec Agrarias)

Resolución de 6 de febreiro de 2012, da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, pola que se aproba a convocatoria para o ano 2012 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Subprograma de Proxectos de Investigación Fundamental Orientada aos Recursos e Tecnoloxías Agrarias en coordinación coas comunidades autónomas e de Accións Complementarias, no marco do VI Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011.

Organismo convocante: Ministerio de Economía e Competitividade

Publicación: BOE do xoves 1 de marzo de 2.012

Solicitudes e prazo de presentación:

  • Para os proxectos de investigación será desde o 2 de marzo de 2012 ata o 31 de marzo de 2012 ás 14.00h.
  • No caso das accións complementarias contempladas nos apartados a), b), c) e d), o prazo de presentación de solicitudes será desde o 2 de marzo de 2012 ata o 31 de outubro de 2012 ás 14.00h.
  • Para as accións complementarias previstas no apartado e), o prazo de presentación de solicitudes será desde o 27 de marzo de 2012 ata o 30 de abril de 2012 ás 14.00h.

+info

Acción Estratéxica de Saúde

Resolución de 8 de febreiro de 2012, do Instituto de Saúde Carlos III, pola que se aproba a convocatoria de axudas da Acción Estratéxica de Saúde, no marco do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011.

Organismo convocante: Instituto de Saúde Carlos III. Ministerio de Economía e Competitividade

Publicación: BOE do 2de marzo de 2.012

Solicitudes e prazo de presentación: En función da liña da axuda á que se acuda (ver +info)

+info

ico_autonomica

Autonómicas

Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG para 2012

ORDE do 7 de maio de 2012 pola que se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia para 2012, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo de Galicia 2007-2013.

Organismo convocante: Consellería de Cultura, Educación e Ordendación Universitaria

Publicación: DOG do martes 15 de maio de 2012

Solicitudes e Prazo de presentación: ata o 16 de xuño de 2012 (sábado)

+info

Aviso: os rexistros da universidade non son válidos.

Subvencións para o fomento da investigación e a innovación

ORDE do 11 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Organismo convocante: Consellería de Economía e Industria

Publicación: DOG do martes 17 de abril de 2012

Solicitudes e Prazo de presentación: ata o 18 de maio de 2012.

+info

ico_uvigo

Locais

Convocatoria Axudas INOU 2012

Convocatoria axudas a grupos de investigación do Campus de Ourense.

Organismo convocante: Universidade de Vigo

Publicación: Resolución Reitoral do 7 de Maio de 2012

Solicitudes e prazo de presentación: Ata o 30 de Maio de 2012 ás 14:00h

Convocatoria

Resolución Reitoral do 10/05/2012 de corrección de erros da RR. 07/05/2012

Formulario de Solicitude (.doc)

Formulario de Solicitude (.odt)

Axudas propias da Uvigo

Convocatoria de subvencións á investigación da Universidade de Vigo para o ano 2012.

Organismo convocante: Universidade de Vigo

Publicación: Consello de Goberno do 23 de marzo de 2012.

Solicitudes e prazo de presentación: Ver axudas e formularios.


Axudas e Formularios

 
Convocatorias Pechadas

ico_eu

Internacionais

Bolsas de Formación no CITI

Resolución de 8 de marzo de 2012 pola que se aproba o procedemento e a convocatoria de bolsas de formación no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) da Universidade de Vigo no Campus de Ourense.

Organismo convocante: Universidade de Vigo

Publicación: Resolución Reitoral do 8 de marzo de 2012

Solicitudes e prazo de presentación: Ata o 20 de marzo de 2012 ás 14.00h

Resolución reitoral e bases da convocatoria

Formulario

Listados e resolucións

Programa LIFE + convocatoria 2012

As características xerais da convocatoria son:

  • Presuposto total para España: 27,2 millóns de euros
  • Obxectivo xeral do programa LIFE+: contribuir á implementación, actualización e desenvolvemento da política e lexilsación medioambiental da UE a través do cofinanciamento de proxectos piloto ou de demostración con valor engadido europeo (non proxectos de investigación)
  • Temáticas:

- Natureza e biodiversidade (hábitats, flora, fauna,…)
- Política e gobernanza medioambiental (cambio climático, auga, aire, solo, medioambiente urbano, ruido, produtos químicos, saúde, residuos, bosques,…)
- Información e comunicación (sensibilización, prevención,…)

  • Beneficiarios: entidades públicas e privadas. Poden ser actuacións individuais (un único solicitante) ou en consorcio (só cando engada valor), tanto nacional como internacional (só cando a cooperación internacional sexa determinante e teña un claro valor engadido).
  • Porcentaxe de financiamento: 50% do presuposto (o presuposto pode incluir persoal propio).
  • Duración típica dos proxectos (non obrigatoria): entre 2 e 5 anos
  • Presuposto típico dos proxectos (a convocatoria non establece límites): 1 millón de euros
  • Data de peche: 26 de setembro de 2012

Máis información:

Programa Iberoamericano de Ciencia e Tecnoloxía para o Desenvolvemento (CYTED)

Convocatoria de 2012 para Redes Temática e Accións de Transferencia ao Sector Empresarial.

As características xerais da convocatoria son:

  • Prazo límite presentación: 3 de abril de 2012
  • Entidades solicitantes: universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos, empresas…
  • Países participantes: España, Portugal, Argentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguay, Perú, República Dominicana, Uruguay e Venezuela.
  • Áreas temáticas: en xeral, agroalimentación; saúde; promoción do desenvolvemento industrial; desenvolvemento sostible, cambio social e ecosistemas; tecnoloxías da información e comunicacións;  ciencia e sociedade; enerxía. Para o detalle das liñas concretas haberá que consultar o anexo á convocatoria en www.cyted.org
  • Subvención: 100% custos elexibles

As características dos instrumentos financiables son:

- Redes Temáticas:

  • Duración máxima 4 anos
  • Presuposto máximo 33.000 €/ano
  • Mínimo 6 entidades de 6 países (algunhas áreas temáticas obrigan a ter empresas na rede)

- Accións de transferencia:

  • Duración máxima 1 ano
  • Presuposto máximo 12.000 €
  • Mínimo 2 entidades de 2 países
  • Só para grupos de investigación que teñan disfrutado antes dunha Rede de Temática ou Acción de Coordinación CYTED

Máis información:

  • Ligazón á documentación da convocatoria: www.cyted.org
  • Persona de contacto na Universidade de Vigo, Anxo Moreira González - otri9@uvigo.es

Selección de candidatos da Universidade de Vigo para a solicitude de axudas predoutorais e posdoutorais financiadas por AXA Reserch Fund

Convocatoria 2012 do Programa Intelligent Energy Europe (IEE)

Obxectivo: O Programa IEE pretende acelerar as accións en relación coa estratexia e os obxectivos comunitarios acordados no eido da enerxía sostible, fomentando os investimentos en tecnoloxías novas e máis rendibles e o aumento da eficiencia e a diversificación enerxética. IEE financiará actividades tales como a capacitación; creación e difusión de know-how e métodos; intercambio de experiencias; desenvolvemento do mercado; aportacións a políticas enerxéticas; concienciación, información e formación. Non financiará proxectos puros de I+D.

Áreas temáticas:

  • SAVE: Eficiencia enerxética e uso racional da enerxía
  • ALTENER: Fontes de enerxía novas e renovables
  • STEER: Enerxía no transporte
  • Accións integradas

Data de peche: 8 de maio de 2012 ás 17:00 (hora local de Bruxelas). Excepción: Iniciativa “Build Up Skills” (dentro das "Accións integradas"), que pecha o 9 de febreiro para as accións do Pilar I, e 30 de abril para as accións do Pilar II.

Orzamento: 67 millóns de euros.

Porcentaxe de financiamento: ata o 75% dos custos do proxecto. Excepción: para accións do Pilar I da Iniciativa “Build Up Skills” poderase chegar ata o 90% dos custos subvencionables do proxecto.

Consorcio: Como mínimo, 3 entidades establecidas en 3 países elixibles diferentes.

Duración: máximo 3 anos.

Orzamento habitual: entre 0.5-2 millóns de euros.

Ligazón á web da convocatoria: http://ec.europa.eu/energy/intelligent/getting-funds/call-for-proposals/how-to-apply/index_en.htm

Infoday: Terá lugar o vindeiro 24 de xaneiro en Bruxelas. Xa está aberta a inscrición no seguinte enderezo http://ec.europa.eu/energy/intelligent/events/2012/european-info-day_en.htm

Máis Info: Persona de contacto na Universidade de Vigo, Anxo Moreira González - otri9@uvigo.es

Anteriores

ico_spain

Nacionais

Axudas do Subprograma de Formación de Persoal Investigador (FPI)

Resolución de 30 de decembro de 2011, da Secretaría de Estado de Investigacion, Desenvolvemento e Innovación, pola que se convocan axudas do Subprograma de Formación de Persoal Investigador, no marco do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011.

Organismo convocante: Ministerio de Economía e Competitividade

Publicación: BOE do 03 de febreiro de 2.012

Solicitudes e prazo de presentación: do 8 ao 23 de febreiro de 2012

+info


Proxectos de investigación fundamental non orientada

----------------------------------------------

Resolución de 9 de xaneiro de 2012 pola que se modifica a de 30 de decembro de 2011

Resolución de 9 de xaneiro de 2012, da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, pola que se modifica a de 30 de decembro de 2011, pola que se aproba a convocatoria para o ano 2012 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao subprograma de proxectos de investigación fundamental non orientada, no marco do VI Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011.

----------------------------------------------

Resolución de 30 de decembro de 2011, da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, pola que se aproba a convocatoria para o ano 2012 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao subprograma de proxectos de investigación fundamental non orientada, no marco do VIN Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011.

Organismo convocante: Ministerio de Economía e Competitividade

Publicación: BOE do 31 de decembro de 2.011

Prazo de presentación das solicitudes: o prazo de presentación de solicitudes dependerá da área temática da ANEP que se elixa na solicitude para a avaliación do proxecto:

Disporán dun prazo de presentación desde o 10 de xaneiro de 2012 ata o 7 de febreiro de 2012 ás 15:00 horasas solicitudes que seleccionen as seguintes áreas temáticas da ANEP:

    Ciencia e Tecnoloxía de Materiais (TM).

    Ciencias da Computación e Tecnoloxía Informática (INF).

    Enxeñería Civil e Arquitectura (ICI).

    Enxeñería Eléctrica, Electrónica e Automática (IEL).

    Enxeñería Mecánica, Naval e Aeronáutica (IME).

    Matemáticas (MTM).

    Química (QMC).

    Tecnoloxía Electrónica e de Comunicacións (COM).

    Tecnoloxía Química (TQ).

    Disporán dun prazo de presentación desde o 12 de xaneiro de 2012 ata o 9 de febreiro de 2012 ás 15:00 horasas solicitudes que seleccionen as seguintes áreas temáticas da ANEP:

      Ciencias da Educación (EDU).

      Ciencias da Terra (CT).

      Ciencias Sociais (CS).

      Dereito (DER).

      Economía (ECO).

      Filoloxía e Filosofía (FFI).

      Física e Ciencias do Espazo (FI).

      Historia e Arte (HA).

      Psicoloxía (PS).

      Disporán dun prazo de presentación desde o 17 de xaneiro de 2012 ata o 14 de febreiro de 2012 ás 15:00 horasas solicitudes que seleccionen as seguintes áreas temáticas da ANEP:

        Agricultura (AGR).

        Bioloxía Fundamental e de Sistemas (BFS).

        Bioloxía Vexetal, Animal e Ecoloxía (BVA).

        Biomedicina (BMED).

        Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (TA).

        Gandería e Pesca (GAN).

        Medicamento Clínico e Epidemiología (MCLI).

        Máis información:  O persoal investigador do Campus de Ourense que acuda a esta convocatoria deberá entregar no Negociado de apoio á investigación do Campus de Ourense, no edificio administrativo, unha copia do proxecto coas sinaturas orixinais do equipo de investigación, para unha vez realizadas as comprobacións oportunas efectuar a sinatura electrónica institucional. No apartado do/da representante legal deberán escoller á Vicerreitora do Campus de Ourense dona María Lameiras Fernández, nos próximos días indicaranse as datas límite para entregar a documentación no Negociado de apoio á investigación do Campus de Ourense, no seguinte enlace http://vicou.uvigo.es/investigacion (avisos).

         +info

        Axudas para o desenvolvemento de tesis doctorais no CSIC

        Resolución de 31 de outubro de 2011, da Presidencia da Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, pola que se convocan axudas para o desenvolvemento de teses doutorais.

        Organismo convocante: Ministerio de Ciencia e Innovación

        Publicación: BOE do martes 22 do novembro do 2011

        Prazo de presentación de solicitudes: as solicitudes poderán presentarse desde o 23 de novembro de 2011 ata o 17 de febreiro de 2012.

        Convocatoria do programa FEDER-INNTERCONECTA

        Resolución do 17 de outubro de 2011, do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial, pola que se aproba a convocatoria do ano 2012 para a Comunidade Autónoma de Galicia do procedemento de concesión de subvencións destinadas a fomentar a cooperación estable público-privada en investigación e desenvolvemento (I+D), en áreas de importancia estratéxica para o desenvolvemento da economía española (Programa FEDER-INNTERCONECTA).

        Organismo convocante: Ministerio de Ciencia e innovación

        Publicación: BOE do xoves 3 de novembro de 2011

        Prazo de presentación de solicitudes: dende o 4 de novembro de 2.011 ata o día 14 de decembro de 2011, ás 12:00 horas do mediodía.

        Convocatoria do programa FEDER-INNTERCONECTA

        Resolución do 17 de outubro de 2011, do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial, pola que se aproba a convocatoria do ano 2012 para a Comunidade Autónoma de Galicia do procedemento de concesión de subvencións destinadas a fomentar a cooperación estable público-privada en investigación e desenvolvemento (I+D), en áreas de importancia estratéxica para o desenvolvemento da economía española (Programa FEDER-INNTERCONECTA).

        Organismo convocante: Ministerio de Ciencia e innovación

        Publicación: BOE do xoves 3 de novembro de 2011

        Prazo de presentación de solicitudes: dende o 4 de novembro de 2.011 ata o día 14 de decembro de 2011, ás 12:00 horas do mediodía.

        Anteriores

        ico_autonomica

        Autonómicas

        Bases reguladoras das axudas para consolidación de unidades de investigación do SUG

        ORDE do 24 de xaneiro de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sis­tema Universitario de Galicia, parcialmente cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo de Galicia 2007-2013.

        Organismo convocante: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

        Publicación: DOG do mércores 8 de febreiro de 2012

        Obxecto:establecer as bases para o acceso ás axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema Universitario de Galicia (SUG), mediante as seguintes modalidades:

        • Grupos de referencia competitiva: as condicións detállanse no anexo I.
        • Grupos con potencial de crecemento: as condicións detállanse no anexo II.
        • Redes de investigación: as condicións detállanse no anexo III.
        • Agrupacións estratéxicas: as condicións detállanse no anexo IV.

        Formalización das solicitudes: a presentación das solicitudes realizarase exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

        Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación no DOG da orde de convocatoria anual.

        +info

        Prórrogas Maria Barbeito, Parga Pondal, Isabel Barreto

        ORDE do 16 de novembro de 2011 pola que se establecen as bases para a con­cesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas correspondentes ás prórrogas dos programas María Barbeito (nova adxudicación do ano 2009), Isi­dro Parga Pondal (nova adxudicación do ano 2008) e Isabel Barreto (nova adxu­dicación do ano 2009), ao abeiro das accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolve­mento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010) para o ano 2011, cofinancia­das polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria.

        Organismo convocante: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

        Publicación: DOGA do martes 22 de novembro de 2011

        Formalización de solicitudes:

        Programa María Barbeito: As solicitudes deberán presentarse no prazo e forma sinalada no artigo 4 desta con­vocatoria, xunto coa seguinte documentación:

        • Memoria (extensión de 800-1.200 palabras), do estado actual do proxecto de tese do destinatario da axuda.
        • Certificación do director da tese en que conste que esta non está rematada e se atopa en avanzado estado de execución.
        • As declaracións a que se refire o artigo 4, letras a), b) e c) d esta convocatoria.

        Programa Isidro Parga Pondal: As solicitudes deberán presentarse no prazo e forma sinalada no artigo 4 desta con­vocatoria, xunto coa seguinte documentación:

        • Currículo actualizado do destinatario da axuda no modelo normalizado en soporte CD ou similar (formato pdf), acompañado dos documentos xustificativos dos méritos alegados no currículo.
        • Memoria (extensión de 1.000-2.000 palabras), relativa á actividade investigadora desenvolvida nos anos que foi contratado no Pro­grama Parga Pondal.
        • Plan de traballo (cunha extensión de 1.200-2.000 palabras e asinado polo intere­sado) das actividades académico-investigadoras que o solicitante propón realizar duran­te o período de prórroga do seu contrato.
        • As declaracións a que se refire o artigo 4, letras a), b) e c) d esta convocatoria.

        Programa Isabel Barreto: Os grupos de investigación autorizados polas universidades do SUG presentarán, no prazo e forma establecidos no artigo 4 desta orde, a seguinte documentación:

        • Memoria (extensión 1.200-2.000 palabras) da actividade realizada polo tecnólo­go, axente de innovación ou de xestión de proxectos de I+D dentro do grupo.
        • Copia do contrato laboral establecido ao abeiro das axudas do Programa Isabel Barreto do ano 2009 de cada un dos tecnólogos, axentes de innovación ou xestión de proxectos de I+D+i vixentes.

        Estadías para investigadores fóra de Galicia do plan I2C

        Organismo Convocante: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

        Publicación: DOG do xoves, 29 de setembro de 2011.

        ORDE do 19 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 (I2C) cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.
        Anteriores

        ico_uvigo

        Locais

        Actualmente non hai convocatorias deste tipo

         
        Transferencia

        Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI)

        A xestión das actividades de transferencia é realizada pola Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI).

        As súas funcións poden estructurarse en tres grandes áreas:

        Oficina de Contratos de Investigación da UVigo

        Cada vez é máis frecuente e necesario que a I+D aplicada e o desenvolvemento tecnolóxico que se realiza na Universidade se leve a cabo dende as primeiras etapas, en colaboración con outros axentes do sistema de innovación, fundamentalmente coas empresas.

        Neste sentido distinguimos dúas vías de realización das actividades de I+D+i:

        I+D por encargo: unha empresa ou organización encárgalle á Universidade a realización dun proxecto de I+D, propón os obxectivos, asume os riscos e paga o seu custo, e finalmente dispó dos resultados. Esta actividade formalízase mediante un contrato.

        I+D colaborativa: os participantes dos proxectos involucran os seus recursos, comparten riscos e obxectivos e distribúen a propiedade dos resultados. Formalízase mediante un convenio ou acordo de colaboración.

        En ambos os casos, as organizacións poden acudir ás diversas axudas públicas para obter financiamento das súas actividades de I+D+i.

        Para calquera consulta ou xestión sobre contratos e convenios coa Universidade de Vigo pode dirixirse a Oficina de Contratos de Investigación.

         
        Internacionalización

        A Vicexerencia de Internacionalización é a estrutura xerencial de apoio ao equipo de goberno en temas relacionados coa investigación, a transferencia e a súa proxección internacional, ben mediante a procura de recursos externos e complementarios ás axudas xa existentes, ben pola constitución de consorcios e a achega de socios no marco de proxectos colaborativos, garantindo en todo momento:

        1. A mellora dos procesos de xestión de proxectos de I+D en tódolos campus e en concertación cos diferentes servizos e unidades
        2. A internacionalización dos servizos de I+D para acadar unha maior visibilidade da Universidade de Vigo
        3. A coordinación e a tramitación de proxectos, contratos, procesos e instrucións relativas á I+D
        4. A integración de forma gradual e paulatina de tódolos servizos e oficinas que prestan apoio ás diferentes vicerreitorías de Investigación, Transferencia e Relacións Internacionais
        5. O seguimento e contribución ao ciclo de mellora continua dos procesos e procedementos relativos a xestión de actividades de I+D
        Para calquera consulta sobre convocatorias públicas de proxectos e outras actuacións europeas e internacionais poden dirixirse a:

        Regina Carreira López
        Vicexerenta de Internacionalización

         Direccíón de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
         Teléfono de contacto 986 818 739
         Localización Vicexerencia de Internacionalización. 2º andar. Edif. Xerencia Servizos Centrais. Campus de Vigo


        Anxo Moreira González

        Técnico superior I+D da Oficina de Proxectos Internacionais

         Direccíón de correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
         Teléfono de contacto 986 812 052
         Localización Servizo de Apoio á Investigación Ed. Xerencia Servizos Centrais Campus de Vigo

         
        Cátedras e Convenios

        Cátedras

        A Universidade de Vigo mantén acordos de colaboración no ámbito da docencia e a investigación con distintas Institucións, Asociacións e Empresas da provincia de Ourense.
        Dentro do ámbito da investigación científica e tecnolóxica a Vicerreitoría do campus de Ourense, coordina as actividades que se desenvolven nas cátedras:

        Cátedra COREN

          Constitúese no ano 1999 coa finalidade de colaborar na docencia, formación e investigación, así como promover acordos específicos cos grupos de investigación da Universidade de Vigo que desenvolven a súa tarefa investigadora nos campos que atinxen ás actividades do Grupo COREN. 

          Cátedra CUEVAS

            Creada no ano 2008, o obxectivo fundamental desta cátedra e impulsar o Campus universitario de Ourense como referente da I+D no sector alimentario e, especialmente nos temas relacionados coa nutrición.

            Cátedra INORDE

              Financiada polo Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, ocúpase especificamente de promover e incrementar o desenvolvemento científico e tecnolóxico do Campus de Ourense. 

              Cátedra TECNÓPOLE

                Ten como obxectivos fundamentais fomentar a transferencia de coñecemento entre as empresas que teñen a súa sede no Parque Tecnolóxico de Galicia  e os equipos de investigación da Universidade. Neste sentido pretende impulsar o Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) como punto de encontro entre os equipos de investigación e as empresas instaladas no Parque Tecnolóxico de Galicia.


                Convenios

                Neste apartado infórmase ao persoal investigador do Campus universitario de Ourense, interesado en promover a través desta Vicerreitoría un convenio entre a Universidade de Vigo e outra entidade, empresa ou institución, o procedemento a seguir para a súa sinatura.  

                Procedemento para a tramitación de convenios
                 
                Utilidades

                Vicerreitoría do Campus de Ourense | Campus As Lagoas | C.P. 32.004 | Ourense | España | webmaster-ou@uvigo.es