|
Saúdo da Vicerreitora |
|
No nome do Reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e no meu propio, douche a benvida á web da Vicerreitoría do Campus de Ourense. Nela atoparás unha completa información da nosa institución académica. Dispoñemos dunhas completas e modernas instalacións docentes e investigadoras, que permiten ofertar unha docencia de calidade, onde se imparten 14 graos universitarios e 17 masters adaptados ás directrices do Espazo Europeo de Educación Superior, que se poden cursar nos seis centros propios da Universidade de Vigo na cidade de Ourense: Facultade de Ciencias da Educación, Facultade de Historia, Facultade de Dereito, Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, Facultade de Ciencias e a Escola Superior de Enxeñería Informática; así como no centro adscrito da Escola Universitaria de Enfermería. Ademais, da investigación que se realiza en cada un dos centros, o campus de Ourense conta co Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) no Parque Tecnolóxico de Galicia, próimo ás instalacións universitarias, un centro punteiro que conta con unas extraordinarias instalacións. Creemos e apostamos por unha formación universitaria integral o que implica valorizar en paralelo a formación docente e investigadora e as actividades culturais e deportivas. Así contamos cunha longa traxectoria da aula de Teatro, que xa ten un recoñecemento internacional organizando ou colaborando na organización de festivais teatrais que se consolidan no tempo como é a FITO, a MITEU, a MOTI, a Sala Alterarte, que este curso académico inicia a súa andaina a través de exposicións da nosa colección en outros campus e universidades españolas, así como toda a formación que se desenvolve dentro dos obradoiros e as actividades musicais que se programan o longo do ano. Xunto a esta oferta cultural contamos con modernas instalacións para a práctica do deporte, o pavillón deportivo, as pistas futbol-rugby así como unha piscina universitaria. Instalacións que se complementan con un conxunto de servizos para toda a comunidade universitaria, que inclúen, entre outros, unha biblioteca centralizada para todo o campus, unha escola infantil e unha moderna residencia universitaria e dous comedores universitarios. A comunidade universitaria do campus de Ourense somos un equipo de mais de 5.000 persoas, entre persoal de administración e servizos, persoal docente e investigador e os estudantes que nos elixen para desenvolver a súa formación universitaria. E todas as persoas que formamos esta gran familia institucional traballamos para facer de este campus un espazo de excelencia, igualitario e de inclusión. Contamos contigo. María Lameiras Fernández
|